Nacín o 8 de maio do 1977 no barrio do Azougo, pobo de Bretoña no concello de A Pastoriza (Lugo). Levo máis de vinte anos emigrada, vivín en Compostela, Barcelona, París, Maryland, Washington D.C., e Houston na actualidade. Aquí vai un resumo da miña andaina.
Dra. Sonia Villapol Salgado
NEUROCIENTÍFICA NO CENTRO MÉDICO DE TEXAS, EE.UU.
Sonia Villapol Salgado. (Bretoña, A Pastoriza, Lugo, 1977). Formación e traxectoria profesional. Licenciada en Bioloxía Molecular e Biotecnoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2002. Máster e Doutorado en Neurociencias pola Universidade Autónoma de Barcelona no ano 2007. Traballou tres anos en París coma investigadora posdoutoral, primeiro na Universidade Pierre e Marie Curie VI (CNRS) e logo no Hospital Robert Debré (INSERN). Chegou ós EE.UU. no ano 2010, onde comezou a traballar coma investigadora posdoutoral nos Institutos Nacionais de Saúde (NIH) e no Centro de Medicina Rexenerativa e na Universidade dos Servizos Uniformes de Ciencias da Saúde (USUHS) en Maryland. No ano 2014, uniuse ó departamento de neurociencias na Universidade de Georgetown en Washington D.C coma profesora de investigación. Dende o ano 2018 ata a actualidade é xefa de laboratorio e profesora de Neurocirurxía no Instituto Académico de Investigación do Hospital Methodist en Houston (Texas), ó mesmo tempo que profesora de Neurociencia na Facultade de Medicina na facultade de medicina Weill Cornell de Nova York. O seu laboratorio financiase con fondos dos dos NIH e de varias fundacións privadas dedicadas a dar apoio á investigación científica. Publicou máis de 70 artigos científicos, ademais de capítulos de libros e revisións bibliográficas. A súa investigación centrouse nos últimos 20 anos no estudo do dano cerebral, na inflamación no cerebro, na neurodexeneración, na conexión do cerebro coa microbiota intestinal, nas aplicacións da nanomedicina terapéutica en enfermidades neurolóxicas coma o alzhéimer, ictus, contusións cerebrais, traumatismos craneoencefálicos, e nos efectos neurolóxicos da Covid a curto e longo prazo.
Outros Méritos:
Sonia Villapol traballou en máis dunha ducia de institucións académicas en España, Francia e EE.UU. Foi mentora de case un cento de estudantes universitarios, de doutoramento, médicos residentes, ou investigadores posdoutorais que pasaron polo seu laboratorio. A doutora Villapol é revisora para os NIH en paneis de neuroxenética molecular, de danos cerebrais e enfermidades neurodexenerativas, de COVID persistente en Recover, así coma en varios mecanismos de financiación de institucións académicas a nivel internacional. É editora de Springer, Elsevier ou Frontiers, ademais de membro das Sociedades de Neurotrauma e Neurociencia dende o ano 2008. Traballou co equipo internacional de investigación da Covid liderando o equipo de neuroloxía, e foi fundadora e presidenta da comunidade de científicos españois dos Estados Unidos (ECUSA) en Texas. Foi elixida coma “Referente Galega” por parte de Executivas Galegas, seleccionada como candidata a “TOP10 Mulleres Líderes no Exterior”, nomeada Lucense do ano 2020, e pregoeira das festas das San Lucas no 2021 en Mondoñedo e pregoeira das festas do San Froilán en Lugo no 2023. No 2022, a asociación Xermolos e a Irmandade Manuel María outorgáronlle o 16o Hectómetro Literario no Paseo dos Soños de Vilalba, e asignóuselle o seu nome á Aula do Laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía do I.E.S. Pedregal de Irimia, e á biblioteca do Colexio Público de Bretoña. Colabora con escritos en varias asociacións culturais que fomentaban a cultura e a lingua. No 2023, creou o Programa de Mentorado “Latexos pola Ciencia” asignado ós estudantes de bacharelato que desexen iniciar unha carreira científica. No ano 2023, a editorial XERAIS publicou o seu primeiro libro de divulgación científica “ConSciencia: A Ciencia que nos rescatou da Pandemia”. No ano 2024, foi nomeada polo Colexio Oficial de Biólogos de Galicia como bióloga do ano. Escribe en prensa escrita e participa difundindo ciencia en diversos medios de radio, TV, ou prensa escrita e imparte charlas sobre as súas investigacións en España, EE.UU. ou Latinoamérica.
Resumo
Traballou co equipo internacional de investigación da Covid liderando o equipo de neuroloxía, cov-irt.og, 2020.
Foi fundadora e presidenta da comunidade de científicos españois dos Estados Unidos (ECUSA) en Texas, 2019.
Foi elixida coma “Referente Galega” por parte de Executivas Galegas, 2021.
Seleccionada como candidata a “TOP10 Mulleres Líderes no Exterior”, 2021, 2022, 2023.
Nomeada Lucense do ano 2020.
Pregoeira das San Lucas 2021 en Mondoñedo.
No 2022 a asociación Xermolos e a Irmandade Manuel María outorgáronlle o 16o Hectómetro Literario no Paseo dos Soños de Vilalba,.
Asignóuselle o seu nome á Aula do Laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía do I.E.S. Pedregal de Irimia, e á biblioteca do Colexio Público de Bretoña, no 2022.
No 2023 creou o Programa de Mentorado “Latexos pola Ciencia” asignado ós estudantes de bacharelato que desexen iniciar carreiras de investigación científica.
Pregoeira das festas do San Froilán en Lugo no 2023.
Escribe no seu blog The Conversation e noutros medios de prensa escrita. Participa difundindo ciencia en diversos medios de radio, TV, ou prensa escrita e imparte charlas sobre as súas investigacións en España, EE.UU. ou Latinoamérica. Colabora en varias asociacións xuvenís e culturais que fomentaban a cultura galega e o uso da lingua galega.
No ano 2023, a editorial XERAIS publicou o seu primeiro libro de divulgación científica “ConSciencia: A Ciencia que nos rescatou da Pandemia”.
Foi elexida bióloga do Ano 2024 polo Colexio Oficial de Biólogos de Galicia.
Sonia Villapol, Ph.D.
Principal Investigator. LAB WEBSITE.
Assistant Professor,
Center for Neuroregeneration & Department of Neurosurgery, Institute for Academic Medicine, Houston Methodist Research Institute, Houston, TX. Department of Neuroscience in Neurological Surgery, Weill Cornell Medical College, NY
Associate Editor, Springer Journal ‘Cellular and Molecular Neurobiology’.
Research Assistant Professor,
Georgetown University, Washington DC, 2014-2018.
Postdoctoral Fellow
USUHS/Center for Neuroscience and Regenerative Medicine in Bethesda, MD, 2010-2014
Special Voluntary / Postdoctoral Fellow
NIH, Bethesda, MD, 2011-2013.
Postdoctoral Fellow
INSERM in the Hospital Robert Debrê, Paris, France, 2009
Postdoctoral Fellow
CNRS in the University Pierre and Marie Curie VI, Paris, France, 2007
Ph.D. Neuroscience
Autonomous University of Barcelona, 2007
M.S. Neuroscience
Autonomous University of Barcelona, 2004
B.Sc. Molecular Biology
University of Santiago of Compostela, Spain, 2002
contact: